En Galego

                                                                                  




Escritos e Cántigas e cousas da Terra.
Aquela Terra!
Aquelas Xentes!
Aquelas xentes que xa non están.
Queda a lingua.
Queda a nosa fala.
Quedan as lembranzas
daquela Terra que foi nosa.
Foi...

Quedas Tú.
Quedo Eu.
Quedamos Nós,
 xente que falamos en galego.

Aquela Terra que morreu...
pero sigue cantando a lavandeira,
a Vida anda o seu camiño,
e agora empeza
unha nova sementeira.

A carón do intre,
lembrando aquela Terra.
A carón do intre,
a Vida sigue o seu camiño.
A carón do intre,
no meu galego ceibe,
vou contar e cantar como aconteceu.

Galego sin academia.
Enxebre.
Lóstrego.
Aturuxos da gadaña na herba.
Fala nai.
Fonte fresquiña do piñeiral.
Cántigas inventadas
para ser cantadas.
Cestas cheas
de dourados racimos da fala.

Faíscas no fío.
Auga fresca en sede seca,
e luminaria na noite peche.
Vivín aquil tempo...
Veño do antes.

Escritos e Cántigas e cousas
xuntadas en feixe niste momento.
Ainda esí,
nistes feos tempos
onde a Fala é aldraxada...
¿Escribir un libro en galego?

Estou no agora.
Cantigas de antes e de hoxe.
Vellos e novos cantares.
Fainos teus.
Son vosos!!







... Cántigas do Ceibe ...

**. 1 .**

Viaxando no tempo.
Chegado é o momento!
Fouciña e aguillón.
Dindirindana... Dindirindón!


.. 2 ..

Canteira enxebre e faladeira.
Tesouro feito no obradoiro.
Chuvia fría na tella vermella.
Música fermosa na miña orella.

. 3 .

Amor:Vivir nil!
Vida:Vivir!!
Saúde e Amor cada día.

.. 4 ..

Semente no Tempo,
colleita agora.

. 5 .

A miña Poesía
e as miñas Cántigas,
a beira e a carón
da loita e ilusión de cada día.

.. 6 ..

Agora xa.
No intre... pero XA!!
Espichón sementando o atrevemento.
Espichón e aguillón.
Dindirindón!!

*. 7 .*

Chancas nos coios,
lume nos pés.
Lilalela,lilalón!!

.. 8 ..

-- Foi aló... lonxe!
-- Entón?
-- Disque... dixeron!
-- En Xalundes... Xalundes!!

*. 9 .*

Vidas que foron e xa non son.
Máxicas verbas e lembranzas.
Non debemos esquecer.
Miña beizón.
O pai Tempo cántanos esta canción!!

* 10 *

Cántiga da vella Maruxa:
O Rei limpa as suas partes ca bandeira.
Non o queren na feira,
e din que mexa níl a pulpeira.
Malia!!... Mapois!!

. 11 .

A esencia do directo,
é o disfrute do momento.

* 12 *

A rapaza labrega.
A rapaza labrega garda o gando no monte.
Dalle agarimos e xoga cos nacidos años.
Está leda e,
Qué fermosa é a rapaza!!

. 13 .

Ler... Máxico Saber!!

* 14 *

-- Disque a Vida é un entroido!!
-- Seica sí,seica sí!!
((Quizais.))

-. 15 .-

Pote no lume,
faíscas no aire.
Acha de salgueiro,
esencia e perfume...
¿Notas o meu cheiro?

* 16 *

Xa fuxiron as bágoas.
O agarimo trouxo armonía.
Fermosas cereixas na cerdeira.
Albízaras!!
Empeza un novo día.
Vida Viva.

 -. 17 .-

Na beira da lembranza,
teño Saudade.

* 18 *

Semente viaxeira co vento,
que agarda o seu tempo.
Nai Terra.
Pai Mar.
Auga e Vento.
Esencia e Vida.
Semente no tempo,
que a leva o vento.
Terra nai.
Chegará o momento?...
Chegará,chegará!!

,, 19 ,,

Peido sonoro e aclamado,
no altar condenado.
Peido enamorado,
fedor perdonado.
Peido do obreiro.
Peido da ministra.
Peido da vaca.
Peido fedente.
Peido decente.
Todos son peidos,
e os peidos...
Peidos son!!

* 20 *

Faíscas no fío,
copa de viño,
e cantar no fiadeiro...
Día de chuvia,
fai frío...
Hai bó lume na lareira,
goliardo faladeiro.

,, 21 ,,

Carantoñas a rutina.
Carantoñas cando din:É esí!!
Carantoñas a vida vacía.
Carantoñas a hipocresía.
Esto dí aquela vella herexía.
Esto canta aquela amiga miña.

... 22 ...

Foi unha leria.
É unha andrómena?
Non,non!
Din que foi outra conversa...
Unha fermosa cantiga con ilusión!

,,, 23 ,,,

Meiga fermosa da carballeira,
veciña do florido toxo.
Dime as máxicas verbas,
e dame o meu antoxo.

... 24 ...

O Meigo fixo un meigallo,
chorou ca cebola,
cheirou o romero,
falou co Nuboeiro,
e dixo... Carallo!!

.25.

A Meiga estaba collendo auga fresquiña.
Auga fresquiña,
que baixa pola corga.
A Meiga bebe auga da corga.
A corga está mui fresquiña.
Ai,lalelo!!... Ai,lalalos!!

** 26 **

O viaxe é longo.
Queda moito camiño.
Tres son os fermosos ríos...
Avia,Sil, e o pai Miño.

. 27 .

Atrévete a Saber.
Busca e descubre ise pracer!!

-- 28 --

Un pemento vale moito mais con sacramento.

. 29 .

O Pensamento Ceibe molesta!!

**. 30 .**

Estas Cántigas e Cantigas,
frescas e faladeiras,
son un novo Cantar de Xograría.
Fainas túas.
Fala delas.
Pluma afiada na Vida,
día a día.
Fouciña e espichón.
Ceibe e aguillón.
Dindirindana... Dindirindón!!
Fala enxebre.
Fala nai,
daquela Terra que xa morreu.
Desta Terra que xa naceu.

,,, 31 ,,,

Nas nosas cortes hai vacas e porcos...
Nas outras Cortes hai bosta.

... 32 ...

Os meus escritos e manuscritos,
van pintados 
e levan o cheiro,
do ácido cítrico.
Debes de saber,
que poden lanzar un dardo crítico...
¡Ollo!
Non vaias a sere a diana.

*** 33 ***

A tarabela boa,
ten que ser feita con madeira de carballo.
Voa cos ventos e dise viraventos.
Tamén pode servir de espantallo.

--- 34 ---

Foi noutro tempo.
Ai o pai tempo!!
Vive o teu momento.

... 35 ...

Bagazo do bó viño,
pai da máxica augardente.
A romería polo camiño.
Esta cántiga cantaba a xente.
Díxomo un bonito paxariño.

''' 36 '''

Pau de carballo.
Vara de salgueiro.
Aguillada de castiñeiro.
Aguillón e espichón...
Manda carallo!!

... 37 ...

Aquelas conversas do fiadeiro,
marcharon.
Aquelas falas das vellas,
fóronse.
Aquiles aturuxos,
xa non se escoitan.
Non hai vacas nos campos.
Non hai galos cantadeiros.
Aquiles camiños de pedras,
son lembranzas.
Aquiles bugallos dos carballos,
coma coios ben labrados.
As ardades cheas de fartura,
as medas do feno xuntado.
As viñas cargadas de fermosos racimos,
Mencía e Moscatel.
As figueiras cheas de figos.
Xa non están!!
Foron naquil tempo!!
Un honor e unha alegría,
xa que o vin,
poder lembrar aquil momento.
Albízaras,albízaras!!
Escribo esta cántiga,
para que non se perda,
e se lembre aquil Tempo.

--- 38 ---

A cereixa madura,
na cerdeira nai.
O grilo cantando e a cobra o sol.
Fresco camiño con beiras de auga
que van a corga faladeira,
e as silvas subindo
polas vellas pedras das paredes do muiño.
Qué fermoso era!!

... 39 ...

Falaban do Lobo,
que seica era malo.
Eu vino unha noite,
el íl no intre,
quedou parado e 
moveu o seu rabo.
Liscou!!
Os ollos de faíscas,
correron na escuridade.
Non volvín a encontralo.
Gostei de velo.
Veciño e amigo Señor Lobo,
quedei encantado.

** 40 **

Aquil corvo tan vello,
que apareceu morto na horta,
disque foi o derradeiro
que se soupera en toda a volta.
Díxomo o meu pai.
Foi enterrado.
Foi chorado.
Foi lembrado.
Vello corvo da Terra,
tan enxebre e fermoso,
que ainda o lembramos,
xa que foi veciño noso.

--- 41 ---

Camiños e carreiros da Vida.
Espello que recolle o momento.
Pensamento e lembranza espida.
Bó viaxe no tempo.

... 42 ...

Morriña por aquela vella figueiriña.
Qué sabrosos figos daba e ela tiña!!

** 43 **

Saudade.
É verdade!!
Tempos vellos.
Novos tempos.
Agora hai ducias de novos aparellos.
Agora son outros momentos.
Saudade.
É verdade!!

xxx 44 xxx

O espichón de carballo,
espicha e sementa
lembranzas daquil tempo.
Lendas e cousas,
son na arca gardadas,
para que se sepan e escoiten,
cando sea o novo tempo chegado.
O espichón de carballo.
Din,dindano!!... Don,dom!!

::: 45 :::

Aquela noite de tempestade,
a luz do lóstrego
dibuxou no negro ceo,
algo que semellaba
on pan de centeo.

... 46 ...

No burato da parede do muiño,
con douradas e escollidas pallas,
tiña feito o seu niño,
aquil fermoso,cantareiro,
e aventureiro paxariño.

*** 47 ***

Mañán cedo!
Mañán cedo!
Xa cantou o galo.
A noite fría,
mollou a terra co orballo.
Pola mañán cedo,
apareceu o manto da xeada.
Mañán cedo!
Mañán cedo!
Desperta a alborada.
Empeza a xente o traballo.
Frío fora.
Dentro empezan a cocer o caldo.
Mañán cedo!
Mañán cedo!
Ben que me lembro daquelo!

xx 48 xx

Moitas faíscas fan un lume.
Faíscas no afiado fío,
que xa voaron,
xa liscaron,
despoixa que foi afiado.
Moitas faíscas chegan a unha luminaria.

... 49 ...

Fai moito tempo que levades cadeas.
Agora,nistes fedentos tempos,
puxéronvos o bozo.

*** 50 ***

Boca tapada:Xente escravizada!!


*x* 51 *x*


... 52 ...

A lingua que naceu na Terra
e da terra,
é a moxegada.
A indíxena
é a aldraxada.
A de fora,
a foránea,
é a ben tratada.
A que chegou de lonxe,
é a utilizada.
Manda carallo!!
Xa non queren falar a sua fala.
Xa solo quedamos nós.
Ollacá!!
Mapois!!


::: 53 :::

Cuidadiño co pobre,
que agora ten algo de cobre.
Ollo!!






9 comentarios:

  1. Música fermosa na miña orella**
    Música e Poesía grande.

    ResponderEliminar
  2. Galego singular.
    Fermosas cántigas.

    ResponderEliminar
  3. Pepiño de Compostela1 de abril de 2021, 17:06

    Xa lera algo diste Ceibe...
    Agora vexo que é un bardo en galego.

    ResponderEliminar
  4. BRUTAL
    Saúdos amigo Ceibe desde A Coruña

    ResponderEliminar
  5. Alcanza una sonoridad muy bella.

    ResponderEliminar
  6. Saudade sensiblemente expresada.
    Canto a la Naturaleza de entonces,que ahora ya ha cambiado.Añoranzas...
    Muy hermosas estas Cantígas.

    ResponderEliminar
  7. Lóstrego Ceibe

    ResponderEliminar
  8. Quedo ENMEIGADA
    Hai un galego tan enxebre,que merece ser estudiado
    Galaxia tiña que escoitar esta verbas

    ResponderEliminar
  9. La caligrafía Enxebre es muy bella
    Medieval
    Gótica
    Modernista

    ResponderEliminar