Ribadavia, axouxere de ouro, e filla das augas do axitado e valente río. Enxebre río Avia,
mais fermoso con tesouro. Ribadavia, aquelas feiras e festas do viño... Tempos e boas lembranzas, romería,cántigas e xantares. ¡¡Qué ben coñecíamos o teu camiño!! Avia,pai e amigo. Avia,forza e vida.
Avia,veciño de ben traballadas terras. Vinde,vinde... ¡¡Vinde xentes a Ribadavia!!
Veñan a mollar os pes... ¡¡Nas frías augas do Avia!!
Vinde a beber bo viño... ¡¡Veñan a Ribadavia!!
Cantigueiro e faladeiro Avia.
¡¡Xoia de Ribadavia!!
|
Goliardooooo!
ResponderEliminarQué música mais bonita.
Unha alegría.
Un admirador desde a Coruña.
Apertas.