martes, 2 de octubre de 2018

¡¡Meigo Río Avia!!... ¡¡EncantAdor río Avia!!

                                                                               


Ribadavia,
axouxere de ouro,
e filla das augas do axitado e valente río.
Enxebre río Avia,

mais fermoso con tesouro.
Ribadavia,
aquelas feiras e festas do viño...
Tempos e boas lembranzas,
romería,cántigas e xantares.
¡¡Qué ben coñecíamos o teu camiño!!
Avia,pai e amigo.
Avia,forza e vida.

Avia,veciño de ben traballadas terras.
Vinde,vinde... ¡¡Vinde xentes a Ribadavia!!

Veñan a mollar os pes... ¡¡Nas frías augas do Avia!!
Vinde a beber bo viño... ¡¡Veñan a Ribadavia!!
Cantigueiro e faladeiro Avia.
¡¡Xoia de Ribadavia!!





1 comentario:

  1. Goliardooooo!
    Qué música mais bonita.
    Unha alegría.
    Un admirador desde a Coruña.
    Apertas.

    ResponderEliminar