Ceibe

martes, 3 de junio de 2025

Ríos.4. Miño.

                                                                                  


Fermoso río Miño,
espello da celta e galaica
terra galega.
Fonte.
Vida.
Nai e pai.

Ribeiras con
hortas e ardades
cheas de fartura.
Bos viños!

Miño na Galiza.
Miño de unha España.
Minho no Portugal veciño.
Todo o noso amor.
Pai e nai.
O noso agarimo!

Esta cántiga
do río Miño,
era cantada
pola xente,
cando pasaban 
por aquil vello camiño.

Foi escoitada,
e na cesta gardada.

Agora é nosa.
É vosa.
É de vostedes.
É do Miño,
e das terras 
por onde il fai o seu fermoso camiño.

Grazas!!
Obrigado!!

5 comentarios: